O Bergantiños Feminino pecha unha excelente campaña.
Bergantiños FC 2-0 SD O Val
Non lle axudou o resultado do Sárdoma-CD Lugo as carballesas que pechan unha brilante fase de ascenso, cun terceiro posto que sabe a segundo, pois o empate das luguesas en Sárdoma, (1-1), fixo que estas collesen a segunda praza con 18 puntos, os mesmos cas bergantiñanas que derrotaban ao SD O Val, con goles de Cruz, aos 20 minutos de xogo e de Lara, no 86´.
A vitoria das luguesas en Carballo o pasado 15 de Maio, (0-1), deulle a ventaxe para acabar segundas, xa que en Lugo o resultado fora de 1-1.
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia.es