O BERGANTIÑOS FC FEMININO RECUPERA O LIDERATO CON AUTORIDADE GOLEANDO AO SD O VAL, (3-0), NA DERRADEIRA XORNADA DA 1ª VOLTA.

A vitoria foi adicada a xogadora lesionada, María Souto, (der)

 

Bergantiños FC 3-0 SD O Val

Rematou a primeira volta o equipo bergantiñán no máis alto, e fíxoo da mellor maneira posible, ante un rival complicado e goleando.

Como é habitual no equipo carballés saeu con presión en todo campo e un ritmo alto e aos 12 minutos de xogo xa se poñían por diante cun tanto de Inés, nun centro-chut que se envenenou e acabou dentro das mallas. Puideron chegar algún máis antes dod escanso, nun choque que estaba a ser dominado polas carballesas.

Xa na segunda metade, tivo uns intres de descontrol en medio campo e apretou máis o Val e chegando con perigo. As augas voltaron o seu cauce e as bergantiñanas controlaron de novo o xogo e Cruz defenía tras un pase antre liñas. Co 2-0 baixou o ritmo das locais e o Val deu un paso adiante, pero co 3-0 obra de Noelia, (70´), xa quedou o choque resolto e todo foi pasar os minutos e aguantar as embestidas do rival.

 

Bergantiños FC : Andrea, Tatiana, Lorena, Cruz, Alba, Laura, Marián, Yaiza, Inés, Sara e Lara López. Tamén xogaron : Noelia, Laura Seoane, Carla e Isabela.

SD O Val : Ainhoa, Alba, Lucía, Noelia, Alexia, Natalia, Ariatna, Judith, Estefanía, Beatríz, e Alba. Tamén xogaron : Ainize, Noemi, Anabel e Jennyfer.

Goles : 1-0, Inés, (12´), 2-0, Cruz, (68´); 3-0, Noelia, (70´).

Árbitro : David Castreje Ferrío. Amosoulle un cartón amarelo a local, Yaiza, (81´).

 

Clasificación 

Con esta vitoria e co CD Lugo que lle tocaba descansar, as carballesas suman 15 puntos a 1 por enriba do Orzán SD, que desbanca a terceira praza o CD Lugo que queda a 2 das carballesas. A terceira praza quedou nesta primeira volta para o SD Friol B con 11 puntos a 4 das de Carballo.

Próxima xornada

As bergantiñistas comezarán a segunda volta recibindo ao Victoria CF B, sexto clasificado con 6 puntos. No inicio de liga gañaban as carballesas por 0-2, con goles de Marian e Lara López.

 

 

 

Os Detalles : Os goles e a vitoria tiveron adicatoria. Por unha banda as compañeiras tiveron un agasallo para a compañeira lesionada, María Souto, operada fai uns días, e polo outro a ledicia da vitoria veuse completada para Lore cunha tarta polo seu cumpleanos. 

 

-Fotos : Comunicación Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Laura/Comunicación Bergantiños FC