O BERGANTIÑOS FC FEMININO PERDE O LIDERATO TRAS CAER ANTE O CD LUGO, (1-2), NOVO LIDER DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1A.

As carballesas perderon o liderato en detrimento do Lugo.

 

Bergantiños FC 1-2 CD Lugo

Voltaba a competición oi equipo carballés tras un parón de un par de semanas, por xornada que lle tocaba de descansar e a seguinnte porque lle tocaba xogar co Betanzos que se retirou antes de comezar a competición. Paradoxicamente, e como sempre, non se fixo un novo calendario e descansan dous equipos cada semana, co perxudicial que esto é para os equipos, no seu ritmo de competición. E algo así lle pasou as bergantiñanas, que perdían o liderato ante as luguesas nun choque que tivo unha primeira metade moi igualada, con moita disputa de balón en especial no medio do campo. Practicamente as duas ocasións foron as que acabaron en un gol para cada equipo.

Cruz de disparo cruzado facía o 1-0 aos 15 minutos de xogo e Irene conseguía a igualada pasada a media hora de encontro, (34´). Xa na segunda metade a intensidade da primeira comezou a notarse, O Bergan busocu opresión e transición rápidas, puido chegar o segundo para as carballesas, pero nunha xogada na que lle gañaban a espalda a zaga local chegaba o segundo por medio de novo de Irene, (68´). Buscou a igualada o ocnxunto de Carballo, pero non chegaría a pesares de facer méritos para elo.

 

CLASIFICACIÓN

-Foto : Comunicación Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia