O BERGANTIÑOS FC FEMININO GOLEA E SEGUE DEPENDENDO DE SI MESMO PARA O TÍTULO DE LIGA. O UD CERQUEDA CAE GOLEADO EN PASTORIZA.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

Grupo B

 

Bergantiños FC 5-0 SDC Órdenes

Partido correspondente á 9° xornada da Segunda División Feminina disputado en As
Eiroas ás 17:30 #ante un centenar de espectadores.
Enfrontábanse o Bergantiños, líder da categoría, e o conxunto do SDC Ordes, que
chegaba como pechacancelas da mesma.
O partido foi basto e sen ritmo, cun equipo rojillo que dominou de principio a fin e un
Ordes que se defendeu e tentaba saír á contra as cales eran paradas
continuamente pola defensa rojilla.
Non ían nin dous minutos e Yaiza filtraba un pase para Noe que se planta soa na área,
pero esta non é quen de bater á porteira rival. Ao pouco, no minuto catro, un pase
medido de Laura deixaba soa a Noe que, tras un gran control, esta vez non perdoaba
#ante a porteira rival e subía o 1-0 ao marcador.
Non se movería o marcador nos seguintes 40 minutos, aínda que non sería por ocasións
xa que, a pesar do ritmo lento, o equipo local dispoñería de varias ocasións claras en botas
da mesma Noe, así como de Alba, Yaiza, Laura, Bárbara e Sé, pero ningunha vería
portería e chegábase ao descanso cun escaso 1-0.
Tras o paso por vestiarios o Bergantiños deu un paso adiante e empezou a darlle máis
ritmo e o partido, aínda que cambiou pouco, se colleu un pouco máis de ritmo e isto notouse no
campo e no marcador.
No 56 de novo Noe, tras un centro de Bárbara, controlaba co peito e non fallaba
ante a portería rival.
Tras varias ocasións, Carla no minuto 65, optaba por un disparo afastado que se coaría
polo pau dereito da portería rival, subindo o 3-0 ao marcador.
No minuto 88 Yaiza faría o golazo da tarde tras un control magnífico e un gran
disparo o balón coábase pola mesma escuadra dereita e poñería o 4-0 no
electrónico.
Xa no 90 tras unha gran xogada colectiva, o balón chegaba a Torrado que poñía un
bo centro a Noe que poñía o definitivo 5-0 co que se chegaba ao final do partido.

Con este resultado o Bergantiños segue liderando a clasificación e depende de si mesmo
para gañar esta liga do grupo B e clasificarse así para a fase de ascenso a primeira
galega.
O próximo partido do Bergantiños será no campo da Xaviña en Buño contra o
Cerqueda, no último partido deste grupo.

SCD Pastoriza 7-0 UD Cerqueda

O equipo cerquedense recibeu na sua visita ao Municipal de Pastoriza a maior goleada da sua curta historia. As rapazas que dirixe Jorge Guillamet caeron de maneira estreopitosa na segunda metade, na que o Pastoriza non tivo piedade. Tras acabar a primeira metade co resultado de 1-00, con gol de Noemi aos 5 minutos de xogo, un penalti nos primeiros compases da segunda metade foron nefastos e acadarían 5 goles máis en 23 minutos. O adestrador cerquedense foi expulsado con vermello direto tralo penalti trtasformado pola pastoricenses.

-Crónica Bergantiños FC : Comunicación do clube

-Foto : Bergantiños FC

-Crónica UD Cerqueda : piratasdemuxia

 

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies