O BERGANTIÑOS FC FEMININO GOLEA E AGUANTA O RITMO DAS DE ARRIBA NA 6ª XORNADA DA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA.

Bergantiños FC Feminino.

 

SD Antas 1-9 Bergantiños FC

Así nos conta o que deu de sí o encontro o adestrador do Bergantiños FC, Gueli Cotelo : “Pouco que contar dun partido no que o Bergantiños demostrou ser moi superior a un Antas, que a pesar do resultado non baixou os brazos en ningún momento e loitou ata o final. Ao descanso xa gañábamos con goles de Trillo, Paredes, Sofía e o cuarto en propia meta. O Antas conseguiu poñerse 1-2 nun bo golpeo dende a frontal. Na segunda parte Trillo outra vez, Lara, novamente Paredes, Marián e Blanca, que debutaba por fin despois dunha lesión, cerraban o marcador. Pensar xa no partido importante da semana que vén fronte o Tomiño”.

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia