O BERGANTIÑOS FC FEMININO GOLEA A DOMICILIO O SD O VAL, (0-4), PARA SEGUIR NA LOITA POR TODO.

1ª División Galega Feminina

O Bergan segue na loita pola parte alta.

 

SD O Val 0-4 Bergantiños FC

Partido da 12ª xornada, difícil polas dimensións do campo, contra un rival que suma a gran parte dos seus puntos como local.

Empezou o partido con ritmo alto e verticalidade no que nos adiantamos con un gol de Blanca no minuto 6, despois moito dominio de balón pero sen grandes ocasións e as locais buscando lanzar algunha contra coa súa dianteira que se atopou con Ainhoa en dúas grandes paradas.

A segunda parte seguía o mesmo plantexamento: cun Bergan dominador e O Val á espera dalgún erro para empatar, pero ningún dos dous equipos acertaba nos metros finais. Refrescouse o equipo cos cambios e Trillo de vaselina no 75 daba algo de aire ao equipo que cerraba o encontro con outro gol de Cruz en xogada persoal no 82 e Blanca no 85 co seu doblete cerraba o definitivo 0-4.

Goles : 0-1, Blanca, (6´); 0-2, Carmen, (75´); 0-3, Cruz, (83´); 0-4, Blanca, (84´).

 

Proximo encontro

O Bergantiños ó UD Mos “B”, 14º clasificado con 6 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 04 de Nadal ás 16:15 horas, (se non hai troco), no “As Eiroas”.

Clasificación

As carballesas manteñen a cuarta praza, (promoción de ascenso), con 25 puntos, a 1 do CD Lugo, (3º), a 3 do Orzán SD, (2º), e a 4 do lider, Sárdoma CF “B”.

 

 

 

 

-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC