O Bergantiños FC Feminino fai historia.
O Bergantiños FC Feminino fai historia e acada o ascenso a 3ª Nacional tras deixar fora na loita ao Tomiño CF Feminino. No encontro de ida as carballesas fixeron méritos para deixar resolta a eliminatoria pero tiveron que sufrir ante a pouca eficacia de cara a gol e tiveron que remontar para deixar o resultado en 2-3. Todo apuntaba a que no encontro das Eiroas as cousas poderían ser, (falando sobre o papel), máis doadas, pero non foi así. O descanso chegouse con empate sen goles e as cousas comezaron a complicarse xusto cando se pasaba da hora de xogo, intre no que a tomiñesa María Guisantes, poñía por diante as de Ferrolterra e igualaban a eliminatoria.
Un gol máis das visitantes daríalles o ascenso e os nervos duraron ata que se deu por finalizado o tempo regulamentario. Pasouse a prórroga e aí volveu a eficaciá de cara a porta das bergantiñanas e un gol de Cruz no 108 de encontro desfixo o nó quue tiñan na gorxa e pouco despois a propia Cruz, (114), repetía para poñer moi de cara a eliminatoria. Xa na segunda metade da prórroga, Laura, nos intres finais marcaba o terceiro para desatar a euforia antre as xogadoras e os afeccionados, para culminar unha excelente campaña con este histórico ascenso, subcampionas de liga e de copa.
Gueli Cotelo, (Asestrador do Bergantiiños FC Feminino) : “Gran ambente nas gradas das Eiroas, con moitos afeccionados nosos e tamén do Tomiño. O encontro tíñamolo controlado pero volveu a pasarnos o dos derradeiros tempo, creando moitas ocasións pero sen ser capaces de culminalas. Elas adiantanse e igualan a eliminatoria e seguimos controlando pero sabedoras de que había unha prórroga. No descanso antes da prórrtoga falamos de que non se nos podía escapar. Sabíamos que había moito cansanzo físco, xa non deste encontro senón do acumulado durante o final de tempada con moitos encontros, encontros antre semana, copa, liga, fase…tratamos de inculcarlles que non podíamos chegar ata os penaltis que había que solventalo na prórroga. E iso fixo mella nas rapazas que se insuflaron de forzas e foron a polo encontro, axudadas cos trocos que foron moi efectivos. Saeu ben e acadamos o ascenso, creo que merecido, xa non por esta campaña, senón por todo o que levamos feito nos derradeiros anos. Unha alegría enorme, Agora si que podemos dicir que somos o clube referente na zona, polo que se acadou, polo crecemento en fichas de xogadoras, en equipos, e no que se fixo e está a facer dende o clube”.
A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o Bergantiños FC Feminino, cogadoras, técnicos7as, axudantes do clube, diretiva, socios/as e afeccionados/as.
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”