O BERGANTIÑOS FC FEMININO CONSOLIDA O LIDERATO TRAS DERROTAR O SD ORZÁN, (1-0), TERCEIRO CLASIFICADO, NO ENCONTRO QUE FORA APRAZADO POR COVID-19 NA 12ª XORNADA.

O Bergantiños FC fixo os deberes antes de visitar o CD Lugo.

 

Bergantiños FC 1-0 Orzán SD

O equipo bergantiñista tiña un duro rival este pasado Domingo nas Eiroas, co Orzán SD, terceiro clasificado, na procura de aumentar a sua distanza co CD Lugo, (2º), na disputa do choque que tiña pendente da 12ª xornada, que no seu día fora adiado por mor de positivos en COVID-19.

As rapazas que adestra Gueli Cotelo e René Díaz, fixeron un encontro moi serio, ante un dos seus rivais na procura do campionato da 1ª División Feminina Grupo A, e o encontro non desmereceu a ninguén. O trunfo caeu da banda das de Carballo gracias a un solitario tanto de Cruz aos 27 minutos de xogo.

Con estes 3 puntos as carballesas consolidan a primeira praza con 25 puntos, 5 máis, e un encontro menos co CD Lugo, que será o seu rival o vindeiro Domingo no campo de “A Cheda”, en terras lucenses.

Bergantiños FC : Andrea, Noelia, Tatiana, Cruz, Alba, Elena, Laura, Paula, Marian, Yaiza e Inés. Tamén xogaron : Bárbara, Zaida e Lara.

Orzán SD : Uxía Rabuñal, Celia, Uxía López, Daniela, Sara, Iria, Laura Santos, Lucía, Macarena, Laura Deus, e Ánxa. Tamén Xogaron : Martina, Valeria, Ivana, Micaela, e Noelia.

Goles : 1-0, Cruz, (27´).

Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo. Amosoulle un cartón amarelo a carballesa Marián, (35´).

 

Nos prolegómenos do encontro Yaiza Ramos, que foi tiutlar, recibeu o premio a “Mellor xogadora da tempada 2020/21”, otorgado por “Casa Francisco”, tal e como vos adiantábamos a semana pasada.

 

-Texto : piratasdemuxia

-foto : Bergantiños FC

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies