1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO A
Plantel do Bergantiños FC Feminino desprazado a Tordoia.
SD Tordoia 0-4 Bergantiños FC
Encontro que se presentaba máis complicado do que foi, cun Tordoia que no seu feudo foi onde máis forte se fixo no que vai da tempada, pero o gol de Cruz no primeiro minuto, decantou a balanza hacia o bando bergantiñista que a media hora de xogo co segundo, obra de Alba, deixaba encarrilado o choque. Xa na segunda metade Bárbara sentenzaba definitivamente, un encontro no que as de Carballo non pasaron apuros. Elena no 85, xa con todo o peixe vendido e cos equipos a un ritmo baixo, e ademáis cas tordoiesas xogando con duas menos por lesións.
Chegan as carballesas aos 19 puntos, afianzándose no liderato, con 3 puntos sobre o segundo clasificado o CD Lugo, e 1 encontro máis.
SD Tordoia : Eva, Ana Bárcia, Andrea, Selena, Ana Domínguez, Rebeca, Tamara, Marta, Laura García, Laura Martelo e Ana Carreras. Tamén xogaron : Nuria e Alba María.
Bergantiños FC : Andrea, Noelia, Tateiana, Cruz, Alba, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Inés e Lara, Tamén xogaron : Laura Torrado, Laura Seoane e Valeria.
Na vindeira xornada o Bergantiños FC Feminino recibe o 16 de Xaneiro ao Orzán SD, terceiro clasificado, a 4 puntos e con un encontro menos as herculinas. Será nas Eiroas a partires das 17:00 horas, (en principio).
Resto de resultados
Victoria CF B 1-0 SD Antas
PM Friol 1-4 CD Lugo.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : Bergantiños FC.