Bergantiños FC 0-1 Lóstrego CF
Plantoulle cara o equipo bergantiñista ao máximo aspirante o ascenso e o título, nun choque no que as de Carballo repregáronse no campo esperando as rivais e buscando roubar o balón para sair a contra. Tras unha primeira metade na que non houbo ocasións por ningunha banda, pasouse a unha segunda na que o encontro trocou tralo gol das visitantes pasada a hora de xogo. Un tanto que chegaba a saida dun saque de curruncho, que Carla Carballo mandaba ao fondo das mallas.
Tralo gol o equipo bergantiñán deu un pase o fronte e puido empatar, pero tamén puido recibir un segundo gol, a raiz dos espazos que deixaron e que as do Lóstrego non aprobeitaron. O máis xusto tería sido un empate, pero este non chegou.
Destacar o gran ambente que viveu As Eiroas, con chavalada das categorías inferiores do Bergan, así coma de afeccionados de un e outro equipo.
Gol : 0-1; Carla Carballo, (66´).
Bergantiños FC : Andrea, Noelia, Tatiana, Cruz, Elena, Laura Caamaño, Yaiza, Bárbara, Inés e Lara. Tamén xogaron : Lorena, Zaida e Carla.
Lóstrego CF : Alba, Tamara, Irene, Ana, Adelaida, Vanesa, Andrea, Alexandra, Marta e Irene. Tamén xogaron : Carla, Emma e Gloria.
Na vindeira xornada o Bergantiños visita ao CD Lugo, equipo co que xa xogou en liga e co que perdeu os dous encontros, (1-2 e 2-0).
-Fotos : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia