O BERGANTIÑOS FC FEMININO CAE NO DESCONTO INXUSTAMENTE EN LUGO, (1-0).

1ª División Galega

CD Lugo 1-0 Bergantiños

Partido de poder a poder entre dous equipos que loitan na zona alta da clasificación. O Lugo saleu con máis posesión de balón intentando percutir por bandas, pero un Bergantiños ben plantado defensivamente non pasou grandes apuros. Máis sensación que perigo real, pois ata 6 córners a favor tiveron as luguesas na primeira media hora pero ningún remate de perigo. Os dous equipos tiveron unha oportunidade clara na primeira parte pero que non aproveitaron.

No segundo tempo o partido seguía os mesmos roteiros, unha posesión estéril do Lugo, ata que o Bergantiños enlazou tres boas contras para poñer o medo no bando local, Trillo, primeiro recupera en zona de ataque e golpea a portería, despois xogada persoal de Cruz e para rematar unha boa incorporación de Zaida por banda que ata 3 veces na mesma xogada sacou pases da morte pero que non encontraban rematadora, isto despertou a un impaciente Lugo que xa buscaba xogo directo sobre a súa dianteira que tería unha boa oportunidade pero que resolvía Ainhoa cunha gran parada.

Cando o partido parecía rematar cun empate xusto, no minuto 90 unha falta preto á frontal, a xogadora luguesa mandaría directamente a rede ante a estirada de Ainhoa. Xa na última acción en busca do empate Cruz sería expulsada por un encontronazo ca porteira rival.

Goles : 1-0, Blanca, (desconto).

Proximo encontro

O Bergantiños recibe ó Sardoma CF “B”, 2º clasificado con 3 puntos máis cas carballesas, que ocupan a 3ª praza. O choque será o vindeiro Domingo 20 de Novembro ás 16:15 horas, (se non hai troco), no campo “As Eiroas”.

Clasificación

As carballesas continúan na terceira praza, con mesmos 22 puntos, co Sardoma, (2º), e a 4 punto do Orzán SD, lider do campionato. Por detrás o CD Lugo cos mesmos 22 puntos das de Carballo.

 

-Foto : Departamento Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC