1ª División Galega Feminina
Once inicial do Bergan feminino ante o Sardoma.
-27ª Xornada-
Sardoma CF B 4-2 Bergantiños FC
Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC Feminino) : “Partido de alta intensidade e con moita calor que afectou á velocidae do Bergan, no que as locais, sempre con pases ás costas das defensas, facían perigo e así abrían o marcador no minuto 12 cunha indecisión entre lateral e porteira. No minuto 30 conseguíase o empate á saída dun córner para chegar con ese resultado ao descanso. O inicio do segundo tempo o Sárdoma levou o control do partido xerando moitas ocasións e adiantouse de novo rápido no marcador e abriu brecha con 4-1 no minuto 70. Blanca recurtou distancias no 77 pero foi insuficiente para puntuar, nun partido no que o Bergantiños chegaba moi mermado de xogadoras do primeiro equipo”.
Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Paula Sieira, Eva, Carmen, Alejandra, Blanca, Sofía, Laura Muñíz, e Paula Paredes. Tamén xogaron : Alba, Valeria, Carla, Clara e Sarai.
Goles : 1-0, Sabela, (12´); 1-1, Eva, (27´); 2-1, Ángela, (46´); 3-1, María, (74´); 3-2, Blanca, (78´); 4-2, Ángela, (80´).
Árbitro : Rances Arohom Núñez. Non ensinou ningún cartón.
Proximo encontro
O Bergantiños recibe no “As Eiroas” ao SD O Val, 12º clasificado con 27 puntos, o Domingo 23 de Abril ás 17:30 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista venceu 0-4 ao SD O Val, na 12ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas continúa na 4ª praza, (promoción de ascenso), sumando 52 puntos con 5 sobre o Victoria CF B, que é o equipo que lles pode disputar este posto, nas 4 xornadas que restan para o final da liga.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”