O BERGANTIÑOS FC FEMENINO CAE POLA MÍNIMA ANTE O CD LUGO NA ANTEPENÚLTIMA XORNADA DA FASE DE ASCENSO A NACIONAL FEMININA.

Convocatoria do Bergantiños ante o Lugo.

 

Bergantiños FC 0-1 CD Lugo

Encontro xogado de poder a poder cunha primeira metade moi igualada no que aos 14 minutos de xogo Paula batía a Andrea, na única ocasión que dispuxeron as visitantes no primeiro periodo.

Na segunda as bergantiñanas fóronse arriba e puideron empatar, pero ante o bo traballo defensivo e as boas paradas da meta rival non chegou o ansiado gol.

Con esta derrota as bergantiñanas seguen a 4ª praza con 12 puntos, os mesmos cas terceiras, Sárdoma, e agora a 5 do CD Lugo, segundo clasificado e con 6 por disputar.

O Bergantiños FC Feminino visita na vindeira xornada ao Atlético Arousana e remata a liguiña recivindo ao SD O Val.

Gol : Paula, (14´)

 

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies