O BERGANTIÑOS FC E IKER BERRUEZO SEPARAN OS SEUS CAMIÑOS.

 

O Bergantiños FC infórmanos que o xogador Iker Berruezo causará baixa logo de chegar a un acordo co clube. 

Dende o clube carballes queren agradecer, “o seu traballo, esforzo e compromiso mostrado ata o día de hoxe. Desexámoslle a maior das sortes no seu futuro”.

O central pamplonica Iker Berruezo, de 25 anos de idade, chegou o Bergantiños FC a mediados de Xullo do pasado ano dende o Yugo Socuéllamos CF, de Ciudad Real, e o seu paso polo clube de Carballo foi efímero. Non atopou sitio a pesares de ser un xogador experimentado no fútbol afeccionado de alto nivel, pois xogou na 2ª B co filial o CD Osasuna, do que pasou ao Real Oviedo B. Logo. antes de chegar ao equipo do centro de España, pasou por un clube lituano e outro Eslovaco.

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia