UD Llanera 2-0 Bergantiños FC
Os carballeses seguen a manter posto de Play-Off, e manteñen a cuarta praza, gracias a que nen Compostela, nen Coruxo foron quen de gañar os seus encontros, con sendos empates a dous, (2-2).
Os de Lemos foron mellores na primeira metade e tiveron varias ocasións para adiantarse no marcador, e facer algún gol máis antes do descanso. Escobar, Boedo e Chapu tiveron as mellores, en especial a deste último, que estrelou unha falta no traveseiro.
A volta de vestiarios foi outra cousa. Foron os astures os que comezaron intimidando e poñéndose por diante. Martín no 52 facía o 1-0, tras unha boa xogada por banda que él finalizaba. Buscou o segundo o equipo local e chegaría tras unha xogada sen aparente perigo, poero Viti aproveitaba un mal despexe para facer o segundo.
Por parte dos carballeses a única ocasións de perigio foi unha falta botada por Chapu.
UD Llanera : Mapisa; Crespo, Espinar, Pape (Paul Alan, min. 58), Marcos Arango; Keita, Martín Pérez (Amadeu, 64) Matías (Mundaka, 76), Romaric (Dani Ceinos, 76), Vity; Javi Sánchez (Omar Sampedro, 64).
Bergantiños FC : Canedo; Blas, Hugo, Chapu, Brais (Christian, min. 64); Uzal, Carlos López, Lamelas (Yelco, 64), Boedo; Cano e Escobar.
GOLES: 1-0, min 53: Martín Pérez; 2-0, min 80: Viti.
-Foto : La Nueva España/lne.es
-Texto : piratasdemuxia