O BERGANTIÑOS FC DERROTA AO CD ADARVE, (2-0) E FAI LIDER O PONTEVEDRA.

Gran partido do Bergan nas Eiroas.

 

Bergantiños FC 2-0 CD Adarve

Día festivo de novo nas Eiroas, cun gran ambente e cunha vitoria de campaniñas, sobre o que era o lider, que deixa de selo con esta derrota, en detrimento do Pontevedra que derrotaba ao Langreo por 3-2 para convertirse no novo lider da 2º RFEF Grupo 1.

Os carballeses adiantábanse no 29 por medio de Yelco, e apuntillaban ao equipo visitante antes do descanso cun tanto de Crístian Martínez, (42´).

Os visitantes quedaban en inferioridade no minuto 9 por vermello direto a Dani Ramos. Os carballeses perdían da mesma maneira no 58 a Brais Martínez.

Cos esta vitoria os bergantiñistas seguen en posto de promoción con 45 puntos, na 5ª posición, con 1 punto máis co Compostela que derrotaba ao Arousa no derbi galego, (2-1), e que está fora da promoción e a 2 puntos do Palencia Cristo, que ocupa a 4ª posición.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto . Captura TVG2