O BERGANTIÑOS FC DEIXA ESCAPAR 2 PUNTOS DAS EIROAS ANTE O CORUXO CF, (0-0).

O mal tempo non privou dun choque con moito ritmo nas Eiroas.

 

Bergantiños FC 0-0 Coruxo CF

Crónica doada de facer a deste encontro, no que os carballeses, dominaron, foron superiores en todo o choque, e o único que lles faltou foi marcar un gol que subise o marcador, pois marcaron dous na segunda metade, pero ningún deles subeu o marcador. O primeiro foi de Carlos, anulado por mans, e o segundo de Uxío da Pena, por fora de xogo, moi protestado pola afección carballesa por inexistente, ou moi dubidoso.

Agora os de Carballo que se situan momentaneamente terceiros con 21 puntos, a espera do que pase hoxe no resto de encontros, xa pensan na eliminatoria de Copa do Rei ante o CD Tudelano o vindeiro mércores a partires das 18:30 horas nas Eiroas, que onte estreaba a ampliación de iluminación que lle requireu a RFEF para que se disputase a eliminatoria no seu estadio.

Bergantiños FC : Canedo, Brais, Parga, Brunet, Blas, (Cavafe, 46´), Concheiro, (Remeseiro, 73´), Uzal, Yelco, Carlos, (Cano, 62´), Boedo, Escobar, (Uxío, 62´).

Coruxo CF : Amigo, Manu, Trigo, Antonini, (Chiqui, 57´), Diego, Martín , (Garci, 77´), De Vicente, Gandoy, Mateo, Silva, (Borja Domingo, 59´), Álex Ares, (Aitor Aspas, 77´).

-Foto : Captura de pantalla de Deportes CRTVG

-Texto : piratasdemuxia