O BERGANTIÑOS FC COMUNÍCANOS DE MANEIRA OFICIAL QUE O CHOQUE DA “COPA DO REI” ANTE O CD TUDELANO XOGARASE NAS “EIROAS”.

Sería unha total inxustiza que o Bergantiños FC non puidese xogar ante un equipo da 1ª RFEF o seu encontro da eliminatoria a partido único ante o CD Tudelano no seu campo, habida conta de que na categoría do equipo de Tudela, que xoga no mesmo grupo co Depor hai equipos coma o Unionistas de Salamanca, con campo destas características.

Xa cando se xogou ante o Sevilla CF foi un agravio que se tivesen que desprazar a Riazor, pero hai a disculpa de que era un equipo da 1ª División, pero neste caso nen RFGF, nen RFEF lle fan ningún favor o clube máis representativo da Costa da Morte, só dictaminan o que é de xustiza, cousa que por desgraza non se cumple. Polo tando dende o clube bergantiñán comunícannos  que xa é oficial que se xogará no seu feudo o choque do vindeiro 1 de Nadal.

 

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies