O neno “rayista” de Fene, Manuel, posou co Bergantiños FC.
Bergantiños FC 0-2 Navalcarnero
Foi mellor, e ademáis quen máis buscou o gol o Bergantiños na primeira metade, con dominio e bo fútbol, ante un Navalcarnero, equipo tamén da zona alta, que se defendeu e buscou as contras, pero sen apenas cponseguilo.
Na segunda metade as cousas foron trocando pouco a pouco e os madrileños asomáronse máis pola meta defendida por Canedo, pero o que máis afectou aos de José Luis Lemos, que non puido estar no banco por expulsión da semana pasada, foi o primeiro gol que chegaba nun claro fora de xogo, a tenor das protestas dos bergantiñistas, un gol que chegaba no derradeiro trmo do encontro e que descentraba aos de Carballo. O gol que mataba o encontro chegaba tras un tiro forte do visitante, Ontiveros, que petaba no hombreiro de Chapu, que o colexido pitaba como man e expulsaba o xogador carballés, e pitaba o conseguinte penalti, que transformaba Beneit.
Bergantiños FC : Canedo; Aarón (Escobar, 66), Parga, Chapu, Blas (Agulló, 66); Concheiro, Remeseiro; Cano (Boedo, 46), Carlos (Uzal, 46), Yelco; Uxío.
Navalcarnero : Aitor; Espósito, Muñoz, Luís Fernández, Uña, Aitor Núñez; Beneit, Daniel, Gil (Navarro, 57); Francisco (Simón, 90), Marcos (Ontiveros, 70).
Goles : 0-1, 76: Ontiveros. 0-2, 93: Beneit, de penalti por mano.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : Manuel Fene