Caeron chubascos fortes durante o encontro.
Bergantiños FC 0-2 Oviedo Vetusta
Comezou mal o encontro para os carballeses que na primeira chegada dos ovenetnses, unha serie de erros defensivos eran aproveitados por Masca para fecer o primeiro da tarde, (7´). Non se amilanou o equipo bergantiñán, e buscaba a porta contraria para empatar antes do descanso, pero faltou puntería. Chapu, e Agulló, este último en duas ocasións, tiveron o empate, pero o balón non entraba.
Xa na segunda metade, Remeseiro tivo unha ocasión inmellorable, pero nada. Parecía que ía chegar o empate, pola insistencia dos carballeses e as suas chegadas con perigo, pero apareceu a figura do colexiado cántabro, Francisco Puente, que se inventou un penalti, e deulle a oportunidade aos astures de abrir fenda no marcador. Masca aproveitou o agasallo para facer o segundo, (70´), e deixar ao Bergantiños máis lonxe da permanenza, e cabreados a xogadores, técnicos, afeccionados, etc…
José Luis Lemos, na rolda de prensa laiábase da actuación arbitral, que matou o encontro, “había que quitarlle o silbato 6 anos”, pero non buscaba excusas e non acepta o de acabar a primeira volta con 16 puntos : “Non me serven as sensacións, acabar a primeira volta con 16 puntos é lamentable”.
Cae o equipo carballés a 15ª posición con 16 puntos a 7 da salvación que a marca o Rayo Cantabria, e a 6 puntos da promoción de permanenza, que a marca o seu rival deste encontro.
Bergantiños FC : Canedo; Palomares (Charly, minuto 77), Agulló, Quindimil, Espeso (Sellés, 59); Chapu (Ander Pacheco, 46), Uzal, Meixús, Remeseiro; Iago Beceiro e Pedrosa (Garrido, 59).
Oviedo Vetusta : Marco; Charbel, René, Lucas, Óscar (Santi, minuto 80); Sesé (Mario Fuente, 80), Pelayo, Izan (Adrián, 92), Miguel; Masca (Iván, 80) e Víctor (Álex Cardero, 75).
Goles : 0-1, min. 7: Masca. 0-2, min. 70: Masca, de penalti.
Árbitro : Francisco Crespo Puente (Cantabria). Amonestou a Espeso, Sellés, Agulló e a Chapu Brunet, polo Bergan, e a Masaco polo Oviedo.
-Foto e Vídeo : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia