O BERGANTIÑOS FC CAE ANTE O AVILÉS E QUEDA FORA DA PROMOCIÓN POR 1 PUNTO.

 

Bergantiños FC 1-3 Real Avilés

Non puido ser e a pesares do tremendo apoio que tivo nas bancadas o equipo carballés caía ante os asturianos, e quedaba fora da promoción por 1 punto, feito que levou a promoción de ascenso ao Coruxo CF que non fallaba ante o UD Llanera, (2-4), e fai que o Bergan xa non dependa dél na derradeira xornada, na que visitarán ó Arousa ás 12:00 horas do vindeiro Domingo en xornada de horario unificado.

Sobráronlle os derradeiros minutos ao equipo de José Luis Lemos que vía como Kilian aos 21 minutos poñía por diante aos astures. Martínez empataba para os de Carballo a hora de xogo e levaba o delirio aos centos de afeccionados que se deron cita nas Eiroas, gracias a chamada do clube. No minuto 89 chegaba de maneira inxusta o segundo gol dos visitantes e xa con toque de arrebato csballés, no desconto chegaría terceiro, como decimos de maneira máis que inxusta vendo o que fixeron uns e outros no encontro.

Noutro órde de cousas o empate do Pontevedra CF co Salamanda , (1-1), dalle practicamente o ascenso os pontevedreses.

-Foto : Captura de pantalla TVG

-Texto : piratasdemuxia