Agulló foi inxustamente expulsado.
Bergantiños FC 3-2 SD Compostela
Chegaba o Compostela as Eiroas con tan só 2 encontros perdidos no que vai de liga, na 3ª posición e cos mesmos encontros perdidos co lide CD Adarve, pero topouso cun Bergantiños que foi moi superior e que se poñía 3-0 na primeira metade con goles de Antón Escobar, (2) e Marcos Remeseiro. Sigueu sendo mellor o equipo carballés na segunda metade, controlando moi ben aos “picholeiros”, ata que a fatalidade chegaba na forma de un gol en propia porta de Agulló cando se estaba a chegar a hora de xogo.
Non fixo mella o gol visitante e o equipo de Carballo seguía a chegar con perigosas contras para matar o encontro, e freando ben as acometivas santiaguesas, ata que o colexiado apuntouse a sair na película e pitou unha falta o borde do área carballesa, nun choque antre dous. Jordan de maneira extraordinaria superaba a barrera, e conseguía que o balón lle baixase para facer o 3-2 pola banda de Canedo, (72´).
Puido sacarlle o segundo cartón no minuto 74 e 76 o compostelanista, Roque, en duas duras faltas de cartón, e asimismo no 75 a Primo, por outra dura falta, tendo un cartón. Agulló, sería o que vería o segundo cartón nos carballeses, nunha falta inexistente pasado o medio do campo na banda bergantiñista, no minuto 84´. Buscou o gol do empate o equipo santiagués, e sufreu a expulsión de Guille no 93 tras unha dura entrada, tendo xa un cartón.
Vitoria merecida do Bergantiños FC que tras derrotar aos dous “galiños” galegos da competición consecutivamente mira de preto e con paso firme os postos de promoción, a espera dos encontros de mañán Domingo.
Goles : 1-0, Escobar, (17´); 2-0, Escobar, (32´); 3-0, Marcos Remeseiro, (45´de penalti); 3-1, Agulló, (57´en propia porta); 3-2, Jordan, (72´).
-Foto : El Correo Gallego
-Texto : piratasdemuxia