O BERGANTIÑOS FC ANUNCIA A FICHAXE DO EX DEPORTIVISTA, HUGO DÍAZ, E QUE CHEGA DO UD SALAMANCA.

 

O Bergantiños FC anúncianos a fichaxe de Hugo Díaz Rodríguez, (A Coruña-09/02/1997), que militaba ata o de agora nas filas do Salamanca UDS (2ªRFEF).

Medio centro defensivo, que tamén se adapta á posición de central, formouse nas categorías inferiores do RC Deportivo de La Coruña e estivo no R.C. Deportivo B ata a temporada 2016-17. Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 formou parte do Leeds Sub-23 (Inglaterra).

Na primeira tempada chega a debutar co primeiro equipo, e na segunda etapa adestrou amáis baixo as órdes de Marcelo Bielsa. Antes de recalar no Salamanca pasou polo Getafe C.F. “B”, e na campaña 2020/21, polo Korona Kielce, da 2ª División de Polonia. Polo tanto a pesares da sua xuventude, (24 anos), ten experinza en moitos equipos e niveis, ademáis da experienza de criarse na base do RC Deportivo.

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : Bergantiños FC/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies