O BERGANTIÑOS FC AMPLIA AS OFERTAS A SOCIOS E AFECCIONADOS PARA O HISTÓRICO ENCONTRO DESTE DOMINGO ANTE O REAL AVIILÉS, QUE PODE SUPOÑER UN POSTO NA FASE DE ASCENSO A 1ª RFEF.

O Bergan busca o apoio das Eiroas para xogar a fase de ascenso.

 

O Bergantiños FC quere vivir unha vez máis, unha festa
“ vermella” no As Eiroas este domingo.

O que será o último partido desta Tempada 21/22 na nosa casa o
club quere contar con toda a familia Bergan, por iso ampliará as
iniciativas ofertadas xa nos dous últimos encontros disputados en As Eiroas No partido deste domingo (08 de maio ás 12:00 horas), que nos visita o Real Avilés, será clave para ocupar un posto para a fase de ascenso que se xogará en Alacante

O Bergantiños FC, mantén as iniciativas levadas a cabo no último partido disputado no Estadio Municipal de As Eiroas ante a Unión Adarve, para o último partido da Tempada 21/22 que disputará o primeiro equipo no noso feudo. Este domingo, visítanos o Real Avilés correspondente á Xornada 33 (08 de maio ás 12:00, horario unificado marcado pola RFEF), e converterase nun partido crave para que o Bergantiños FC poida ocupar un posto para disputar a fase de ascenso que se xogará en Alacante.

Ante a importancia do encontro, o club quere vivir unha auténtica festa “ vermella” con todos os seus socios e socias e todos os afeccionados que ao longo desta tempada mostraron o seu incondicional apoio.

Unha festa do fútbol no Estadio Municipal de As
Eiroas. Estar rodeado da nosa xente e na súa casa, o Estadio Municipal de As Eiroas, para vivir unha auténtica festa do fútbol no que será o último encontro desta tempada que disputaremos en Carballo.

Con este obxectivo o club manterá para este domingo o día para os socios: todo aquel que teña abono da Tempada 21/22 poderá traer un acompañante gratis, así como tamén, para os que non teñan o carné de socio as entradas poderanse adquirir a un prezo reducido de 5 euros para o público local e para maiores de 12 anos e será gratis para os menores de 11 anos.

O club convidará de novo a todos os xogadores e xogadores que forman parte da base do Bergantiños FC e das Escolas Luís Calvo a presenciar o partido que será o último en As Eiroas da campaña e clave para disputar os play off de ascenso.

Unha vez máis nosa canteira poderá inmortalizar o momento cunha
fotografía xunto a todo o persoal e corpo técnico do primeiro equipo unha vez finalizado o partido ante o Real Avilés.

Ademais, o Bergantiños FC terá preparadas varias sorpresas para os socios e afeccionados, así como para o equipo desde a súa chegada ao Estadio Municipal de As Eiroas.

Xuntos, os clubs amigos

O Bergantiños FC fará extensible estas ofertas á SD Sofán, polo que todos os socios co abono desta tempada do Sofán poderán acceder ao encontro de forma gratuíta, así como tamén un acompañante. Así mesmo, toda a base da SD Sofán estará convidada a presenciar o encontro do Bergantiños ante o Real Avilés.

Unha invitación que se fai extensible ao resto de clubs conveniados co Bergantiños FC e as Escolas Luís Calvo Sanz. Polo que, tanto socios, (coas mesmas condicións anteriormente descritas) como a canteira das entidades deportivas Unión Club Cee, Outes CF e Asociación Deportiva Awen están convidadas para o domingo.

-Foto : Google Images

-Texto : Prensa Bergantiños FC