O Bergan feminino gañou as 3 edicións anteriores
O Bergantiños FC ven de facer un comunicado no que aclara os porqués da sua non participación na cuarta edición da “Copa da Costa Feminina” da RFGF. O equipo carballés desfai así tódalas polémicas suscitadas como a de que prefireu xogar na da Coruña, e outras cousas que se oiron estes días, tralo mal estar dos equipos coa confección da susodita copa. Tamén aclara os motivos de que o seu equipo “B” non participe a pesares de que en principio aparecía nun primeiro borrador, e que si que tivemos nas nosas mans, e que xa por normativa non pode participar.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comunicado e foto : Prensa Bergantiños FC