Once inicial do Bergantiños en Tomiño.
Bergantiños FC 6-1 Tomiño FC
Así nos conta a sua visión do encontro o adestrador do Bergantiños FC, Gueli Cotelo : “Presentábase partido complicado ante un Tomiño moi peleón e con moita experiencia nas súas xogadoras, tales como Tomy e Nerea que xogaron en categorías superiores.
O Tomiño saíu mais enchufado e exercendo unha forte presión, por mor diso Nerea anotaba o 0-1 na primeira xogada de partido. Non veu abaixo o Bergan que pronto lle daba a volta ao marcador con 2 goles de falta de Cruz. Seguiron as nosas co seu plan de partido e daría resultado, posto que unha boa combinación entre Cruz e Trillo acabaría co 3-1, gol desta última antes do descanso.
Na segunda parte seguiron as locais impriminto forte ritmo e o control do partido era do Bergan. Trillo volvía marcar a pase novamente de Cruz. Mediada a segunda parte o Tomiño quedou cunha xogadora menos, e o Bergan baixou a intensidade, pero controlando o xogo en todo momento. Aínda asi, chegaron dous goles máis, obra de López e Laura para deixar o definitivo 6-1″.
Goles : 0-1, Nerea, (2´); 1-1, Cruz, (4´); 2-1, Cruz, (18´), 3-1, Trillo, (35´); 4-1, Trillo, (51´); 5-1, Lara, (65´); 6-1, Laura Caamaño, (desconto).
Proximo encontro
O Bergantiños visita ao Victoria CF B, (2º clasificado), no Elviña Grande o vindeiro 30 de Outubro
Clasificación
As carballesas con estes novos 3 puntos ocupan a cuarta praza, remontando ao CD Lugo, cos mesmos 16 puntos, e a 1 do segundo e terceiro, e a 3 do lider Sardoma.
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia