O BERGANTIÑOS CF RENÓVALLE A TODO O CORPO TÉCNICO AO COMPLETO.

José Luis Lemos co presidente bergantiñista, (Foto de arquivo).

 

O Bergantiños CF infórmanos de que ven de renovarlle a o corpo técnico que encabeza José Luis Lemos, ao complto. O clube carballés lembrará a tempada 2020/21 non só pola pandemia, senón que ademáis de tódolos atrancos que tivo foi campión do Grupo Norte da 3ª División de maneira incontestable, ascenso a 2ª RFEF e subcampión galego. Con todo esto e as sensacións que deu o equipo sobre o terreo de xogo, non é máis ca un premio e un selo de continuidade ao corpo técnico de cara a ilusionante tempada 2021/22.

Así nolo contan dende o clube de Carballo : “O Bergantiños FC chegou a un acordo para a renovación do corpo técnico do primeiro equipo. Deste xeito, o adestrador José Luis Lemos, o preparador físico Iago Martínez e o adestrador de porteiros, David Yáñez continuarán á fronte do equipo para a tempada que vén, na que o Bergantiños militará en 2ª RFEF.

O club aposta así por prolongar a relación co corpo técnico que “demostrou a súa implicación e profesionalidade neste proxecto” explica o presidente, Luciano Calvo e engade que, con iso, “pretendemos dar continuidade ao traballo realizado e seguir dando pasos que contribúan ao crecemento do Bergantiños FC e da nosa localidade, Carballo”.

-Foto : Bergantiños CF

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños CF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies