O BERGANTIÑOS CF PERDE O LIDERATO NUNHA XORNADA MARCADA POLO COVID-19, CON SÓ 4 ENCONTROS DISPUTADOS.

 

Estivo moi marcada polo Covid-19 esta 13ª xornada da 3ª División da que se adiaron dous choques, o que enfrontaba ao Paiosaco e o Fabril e a que tiñan que disputar o Viveiro e o Fisterra.

Nos 4 choques que se xogaron o Bergantiños CF que chegaba como lider caía ante o SD Silva, (2-1) nun choque no que o local Joao Paulo lle amargaba a tarde aos de Lemos. O xogador do Silva adiantaba aos seus aos 3 minutos de xogo e tras empatar os bergantiñáns por parte de Marcos Remeseiro, (24´), vían como na segunda metade o xogador dos do Ventorrillo, Joao Paulo, batía de novo a Brais Pereiro, (69´), esto unido a que o UD Somozas goleaba ao Agrupación Estudiantil, (5-1), facía que os de Carballo caesen a segund praza a 2 puntos dos somocenses, pero cun encontro menos, o que deberá enfrontalos aos dous nas Eiroas, e ainda así os das Somoza terían un encontro máis.

Nos outro dous encontros que se xogaron o Polvorín FC derrotaba por 2-0 ao Racing Vilalbés e o CSD Arzúa tmén derrotaba por 2-0 ao CD As Pontes.

-Foto e Texto : piratasdemuxia