O BERGANTIÑOS CF MANTÉN O PROTOCOLO COVID 19 TRAS DECLARARSE DOUS NOVOS POSITIVOS NA SUA PLANTILLA.

O Bergantiños CF está a facer un tremendo inicio de tempada.

 

Segundo nos informan dende o Bergantiños CF : “A primeira plantilla mantén unha semana máis activo o protocolo Covid, logo de coñecer na tarde de hoxe, dous positivos novos na plantilla do primeiro equipo. A todos eles realizaráselle un novo test de antíxenos COVID-19 o próximo luns, e no caso de que sexan negativos a primeira plantilla do Bergantiños FC volverá a retomar a actividade deportiva con normalidade”.

Dende o clube carballés avogan por que : “seguimos apelando á responsabilidade individual de tod@s para coidarnos e coidar aos demais, e con moito #Sentidiño e lembramos a obrigatoriedade do uso da máscara e a importancia de manter a distancia”.

 

O noso maior desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación para os xogadores bergantiñáns e para todo aquel que pase por este delicado e perigoso trance. Unímonos a petición de que todos teñamos sentido e cumpramos as normas estabrecidas para evitar a propagación da enfermidade que se está levando por diante moitas vidas…D.E.P.

-Foto e Texto : Bergantiños CF/piratasdemuxia