O BERGANTIÑOS CF LÉVASE O DERBI ANTE O UD PAIOSACO, (0-2), NA VOLTA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1.

Once inicial do Bergantiños CF na “Porta Santa”.

 

UD Paiosaco 0-2 Bergantiños CF

David Castro, (Adestrador do UD Paiosaco Hierros Añón) : “Encontro no que o Bergantiños levou a voz cantante co balón ante un Paiosaco que se defendeu ben e que privou ás roxiñas de ter a profundidade necesaria para crear perigo sobre a portería rival. As ocasións brillaron pola súa ausencia neste tramo inicial e nun dos escasos achegamentos á área chegaría unha xogada polémica na que a dianteira visitante Isa sería derrubada pero o colexiado non sinalaría nada. As verdibrancas sufrirían un contratempo coa lesión de xeonllo de Fanny que obrigou ás locais a modificar a súa formulación e que as súas opcións ofensivas vísense máis minguadas aínda. Co empate inicial chegaríase ao tempo de asueto, tras o cal, a entrada de Ali e o esforzo físico realizado polo Paiosaco na primeira parte, fixo que as rojillas achegásense un pouco máis á área rival pero sen demasiado perigo e non sería ata o minuto 73, cando Ali aproveitaría unha mala saída de Angy para abrir a lata e facer o 0-1. Case sen tempo para celebrar, Isa gañaríalle as costas á defensa e cruzaría á perfección para facer o segundo e poñer o definitivo 0-2. Nos minutos finais, o Paiosaco non se deu por vencido pero non logrou inquietar en exceso a unha Lara Sánchez que tivo unha tarde moi plácida”.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) : “O Bergantiños gaña un derbi no que dominou de principio a fin pero que apenas creo ocasións. Gran derbi o que se puido ver na porta Santa, cun paiosaco moi rochoso e un Bergantiños dominador. Comezaba o partido e xa se podía ver os plans dos dous equipos,o Bergantiños foi quen de dominar tanto o xogo como o tempo do partido e ir dominando e encerrando aos poucos ao seu rival. O Bergantiños dominaba pero non poñía en aprietos ao conxunto local, e así se escapaba a primeira metade na que o equipo rojillo achegábase con perigo , pero sen ocasións claras, pero que na mesma o equipo rojillo non sufría ningunha chegada á área do paiosaco. Tras o descanso, Gueli e René movían o banco e acertarian o as decisións xa que a segunda metade, continuaba co mesmo dominio pero agora se chegaba algunha ocasión, así no minuto 73 un bo pase en profundidade de vimi servíalle a Ali para regatear á porteira local e marcar a pracer o 0-1 , unha Ali que sería clave desde a súa entrada xa que foi un puñal pola banda esquerda e levaba moito perigo á área rival, a mesma Ali no minuto 77 servía un gran pase en profundidade que Isa non desaprovechava e batía á porteira local para poñer o definitivo 0-2 , de aquí ao final , o Bergantiños soubo ter o balón para non pasar apuros e ter algún achegamento máis pero nada claro como para ampliar a renda. Así acababa un gran derbi no que o paiosaco cun gran traballo defensivo foi quen de ter ao Bergantiños lonxe da portería local , e demostrar a súa gran melloría durante a súa primeira tempada. O Bergantiños xogase o próximo encontro como local en As Eiroas o domingo 18 recibindo ao Rancing de Ferrol”.

UD Paiosaco: Angy (Nereida m.78), Nuria, Vero, Ainhoa, Érika, Carla, Ana, Naiara (Sofía m.78), Irene (Vane m.78), Amanda, Fanny (Chus m.22).

Bergantiños CF: Lara Sánchez, Torrado, Sabrina, Tati (Eva m.78), Seo, Lore (Lara Rabuñal m.72), Vimi, Yaiza, Carla (Ali m.46), Alba (Saskia m.84) e Isa.

Goles: 0-1 m.73: Ali; 0-2 m.77: Isa.

Árbitro: David Santos Febreiro (Colexio coruñés).

 

-Foto : Gueli Cotelo
-Texto : David Castro/Gueli Cotelo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.