O BERGANTIÑOS CF CUMPLE TÓDOLOS REQUERIMENTOS PARA QUE O ENCONTRO ANTE O SEVILLA SE XOGUE NAS “EIROAS”.

“As Eiroas” espera o Sevilla FC.

 

O Bergantiños CF ven de anunciarnos que xa deu conta de tódolos requeirmentos que se lle fan para que o histórico encontro da Copa do Rei na que recibirá aos Sevilla FC o 18 de Nadal, se dispute no Municipal das “Eiroas”, no Polígono de Bertoa-Carballo, feudo do equipo carballés.

Así nolo anunciaban dende o clube :

“Coa colaboración do Concello de Carballo, atendemos xa a todos os requerimentos da Real Federación Española de Fútbol para que o partido da Copa do Rei contra o Sevilla FC se poida disputar nas Eiroas. Agora xa non depende de nós.

Explicámosvolo :

1) Hai distancia mínima de separación entre o terreo de xogo e os espectadores, con zona axeitada e segura para que os xogadores se exerciten durante o partido.
2) Os bancos son perfectamente aptos.
3) A iluminación ten máis 350 lux. Melloramos a capacidade dos focos, aumentado a potencia de cada torre en 3000 W.
4) O campo conta controles de acceso, rutas de saída e entrada, sinalización, paso cuberto desde o vestiario ao terreo de xogo e dependencia para clínica de urxencia. Presentamos un plan de emerxencia certificado polo xefe de Protección Civil de Carballo e o partido estará supervisado pola Garda Civil.
5) Tamén habilitamos áreas de traballo axeitadas para os medios de comunicación e para que o partido se poida retransmitir por televisión sen problema.

As Eiroas espera ao Sevilla. Ben o merece”.

-Texto : piratasdemuxia.es/Bergantiños CF

-Foto : Eibar.com

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas