O BERGANTIÑOS CF ANUNCIA A CONTINUIDADE DE JOSÉ LUIS LEMOS A VINDEIRA TEMPADA.

Lemos sumou co “Bergan” 14 puntos de 24 posibles.

 

O Bergantiños CF que milita na 3ª División Grupo I seguirá a vindeira tempada sendo dirixido por José Luis Lemos. O clube carballés seguirá por tanto confiando no adestrador santiagués de 50 anos de idade, que sumou en 8 encontros, 4 vitorias, 2 empates e 2 derrotas, xa ca seguranza de que a vindeira tempada competirán de novo na categoría tralo acordo da RFEF de dar por rematadas as ligas non profesionais, (2ª B e 3ª División), sen descenso, tal e como volo apuntábamos no día de onte tras facelo púbrico o ente federativo español, despois da xuntanza cos presidentes das territoriais.

Así nolo anuncia o Bergantiños CF : Jose Luis Lemos Ameneiro seguirá sendo o adestrador do primeiro equipo a vindeira temporada. Técnico e club pecharon hoxe un acordo que tamén contempla a renovación do preparador físico, Iago Martínez, quen chegou ás Eiroas con Lemos.

A directiva do Bergantiños manifestou a súa total confianza no adestrador, quen asegurou sentirse “satisfeito e moi contento porque o Bergantiños sempre me mostrou a súa intención de seguir contando conmigo”. “Agora que se confirmou o remate da competición, empezaremos a traballar xa para a seguinte temporada, con moita ilusión. Esperemos facer as cousas ben para acadar os maiores éxitos para o club e a súa afección”.

Con Lemos, o equipo mostrou unha mellora importante, tanto no xogo como en resultados, malia o pouco tempo que o técnico puido dirixilo, polo parón motivado pola crise sanitaria da COVID-19. Nesas oito xornadas, o Bergantiños sumou 14 puntos, só por detrás do Arzúa (16), Compostela (16) e Ourense (19)”.

 

-Fotos e Texto : Bergantiños CF/piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.