O BERGANTIÑOS CF ACADA O LIDERATO TRAS DERROTAR AO CSD ARZÚA, (2-0).

 

Bergantiños CF 2-0 CSD Arzúa

Dous goles de Tarí nos primeiros minutos da segunda metade deéronlle a vitoria ao clube carballés a vitoria e o liderato, que poderá consolidar esta mesma fin de semana na que recibe ao agora segundo UD Somozas.

Levou dende o inicio o peso do encontro a escadra de José Luis Lemos pero sen ser quen de batir o meta visitante Marqueta que cubría a porta no eido do ex bergantiñista “Mini Bugy” e non foi ata os poucos de voltar o campo tralo tempo de lecer cando Tani, (que xa fixera dobrete ante o Paiosaco), batía a porta contraria o rematar de testa un centro preciso de Lamelas, corría o minuto 49 e as cousas trocaban de caría. Os da “Terra do queixo” xa non lles valía pecharse atrás e sair o contragolpe.

Non tardou o gol que a postre sería o definitivo, de novo con Tarí coma finalizador. Foi a partires de aí cando o equipo visitante se volcou sobre a porta de Brais Pereiro na procura de facer un gol que os puxese no encontro, pero topouse cun Bergantiños CF moi solvente que non decaeu en ningún intre. 

Bergantiños CF : Brais; Vela (Diego, 83´), Abel, Iago, Cano, Remeseiro, Uzal, Concheiro, Marcos, Tarí (Duque, 69´) y Lamelas (Yelco,  62´).

CSD Arzúa : Marqueta; Daniel (Álex, 56´), Queiruga, Jorge, Brais (Iván, 80´), Pedro, Iker, Álvaro, Adrián (Santi, 58´), Borja y Alberto (Manu, 56´).

Goles: 1-0,  Tarí, (49´); 2-0,  Tarí, (57´).

 

CD As Pontes 1-1 Racing Vilalbés

Desta mesma 14ª xornada que fora aprazado por positivos en COVID-19 tamén se xogou o encontro ante os das Pontes de García Rodríguez e os de vilalba no que se adiantaron os vilalbeses por medio de Varela aos 22 minutos de xogo e empataron os pontinos no desconto final por medio de Adrián Martínez.

 

SD Fisterra 1-1 Polvorín FC

Encontro da 12ª xornada : PREME AQUÍ

 

-Foto : El Correo Gallego

-Texto : piratasdemuxia