O BALONMÁN CALVO XIRIA QUE XA ESTÁ EN MARCHA, ANUNCIA A RENOVACIÓN DE MANU LÓPEZ O FRONTE DO GOLDIE XIRIA DA 1ª FEMININA.

Posado do Calvo Xiria no seu primeiro adestramento.

 

O Calvo Xiria 21-22 xa está en marcha
O conxunto que dirixe Adrián Dubra xa se puxo mans á obra e na tarde-noite deste luns,
os xogadores que formarán parte do Calvo Xiria ao longo desta tempada 2021-2022, xa
tiveron a súa primeira toma de contacto coa pista do Vila de Noia.
Nesta primera sesión de adestramento da tempada, o corpo técnico do equipo verde e
negro non puido contar con todos os efectivos, xa que Álex Gómez se encontra en
corentena debido ao Covid-19. Polo que respecta aos demáis, estiveron a disposición dos
técnicos carballeses nunha sesión na que puido palparse a ilusión dun novo proxecto
como é este Calvo Xiria 2021-2022.
As sensacións foron moi boas nunha sesión de adestramento, na que na súa previa o
clube verde e negro deulle aa benvida a Rökkvi Pacheco Steinunnarson e a Carlos Martín
Guisasola, quenes xa viviron de preto o que é o Calvo Xiria.
Ademáis, os rapaces que promocionan dende os xuvenís, Diego Antelo, Mario Cancela,
Carlos Varela e Aaron Rodríguez, xa experimentaron o seu primeiro entreno como
xogadores de pleno dereito do primeiro equipo verde e negro, aínda que o último deles
traballou á marxe do grupo ao estar inmerso no proceso de recuperación da lesión que
sufriu a pasada tempada.
Este martes, os pupilos do Calvo Xiria afrontarán, tamén no Vila de Noia, o segundo
adestramento desta xa iniciada tempada 2021-2022.

 

Manu López continuará comandando o proxecto do Goldie Xiria
O adestrador coruñés e o BM Xiria chegaron a un acordo para prolongar a súa
vinculación, polo que Manu López cumprirá a súa segunda campaña por terras
carballesas co obxectivo de darlle continuidade ao bo traballo realizado durante a anterior
tempada.
Manu aterrizaba en Carballo co fin de que o Goldie Xiria continuase crecendo, algo que
xa viña sucedendo durante as últimas tempadas; e despois dun ano no que o equipo foi
de menos a máis e no que soubo repoñerse de todos os contratempos e tamén das
dificultades que supuxo estar inmersos nunha pandemia mundial, o conxunto carballés
logrou meterse na Final Four polo ascenso, todo un logro para a entidade verde e negra.
Despois dunha tempada 2020-2021 que se pode considerar moi boa tralo logrado, agora
Manu López e o Goldie Xiria seguirán camiñando da man para continuar coa traxectoria
ascendente dos últimos anos e poñerse miras máis altas.

-Fotos e Texto : Departamento de Comunicación Balonmán Calvo Xiria.