O vindeiro luns 9 de agosto ás 21.00h., o equipo que dirixe Adrián Dubra sairá a escea
no Vila de Noia para dar comezo á tempada 2021-2022.
Logo de dous meses de parón estival, os xogadores do Calvo Xiria volverán a retomar a
actividade deportiva para afrontar un ano diferente, con numerosos cambios no plantel e
no que ao igual que estas últimas tempadas, os carballeses tratarán de loitar por estar nos postos de privilexio da clasificación, algo que lle vai esixir ao equipo estar a un nivel moi alto, tendo en conta aos proxectos moi ambiciosos que haberá no grupo A da Primeira Estatal nesta 2021-2022.
Por terceira tempada consecutiva, o corpo técnico estará capitaneado por Adrián Dubra,
quen una vez máis estará moi ben acompañado ao contar con Brais Puñal como segundo adestrador e con Manuel Anxo Pardiñas e Bruno Suárez, quenes volverán a ser os delegados do equipo xirareiro un ano máis.
Ademáis de ser a posta de longo do Calvo Xiria 21/22, o acto servirá como a
presentación oficial das novas incorporacións do conxunto carballés, como son o
gardameta Rökkvi Pacheco Steinunnarson e o defensor central Carlos Martín Guisasola;
así como os homes da casa que promocionan ao primeiro equipo como son Aaron
Rodríguez, Diego Antelo, Mario Cancela e Carlos Varela, aínda que algúns deles xa
contan con experiencia na Primeira Estatal.
Polo tanto, o vindeiro luns o Calvo Xiria poñerase en marcha para chegar na mellor
forma posible a ese inicio de liga, unha competición que será tan bonita coma complicada
pero na que de seguro que os nosos non van a defraudar e van a dar o mellor de si
mesmos para darlle moitas alegrías a súa afección, esa que nunca falla e que volverá a
encher o Vila de Noia para ser o xogador nº8 como fai ano tras ano.
-Foto e Texto : Departamento de prensa do Balonmán Xiria