O BAIO CERTIFICA O DESCENSO NA 1ª GALICIA E ARRASTRA O VOLANTES DA LIGA DA COSTA A 3ª DA COSTA.

O Baio ten un equipo de futuro con moitos xoves e xente maiormente da casa.

 

Fai duas semana o CD Baio derrotaba o colista Cruces por 5-0 e saía dos postos de descenso superando o Agolada por golaveraxe, pero precisaba gañar nas 3 xornadas que quedaban ou polo menos facer o mesmo o máis cos agoladenses, pero ata nin os outros equipos da costa, arrastrados por ter os deberes feitos, todos menos o San Lorenzo, e na xornada 32 os agoladenses vencían en Fisterra, (0-2), e o Baio caía ante o Unión, (3-0), o que devolvía os de Félix a posto de descenso. Nesta derradweira xornada o Baio caía ante o Tordoia, (1-4), e o Agolada derrotaba o San Lorenzo, (5-0), que precusaba un punto para certificar a permanenza, cousa que xa non lle fai falla xa que a derrota dos baieses xa apuntalaban definitivamente os equipos descendidos, Cruces, Estrada e Baio, quedando as portas do abismo, pero sen caer en él o San Lorenzo. O descenso do Baioo a Liga da Costa provoca o arrastre nesa liga, do Volantes de Baño a 3ª da Costa.

Que os equipos xa están a pensar noutras cousas é moi patente nesta xornada na que o noso clube mellor situado na liga o CD Dumbría, caía un dos equipos de abaixo, o Valiño, (2-1), o levaba unha malleira doutro equipo de abaixo, o Praiña, (9-2), e a Esteirana caía ante un dos descendidos o Estrada, (1-2). De todos ios equipos costeiros o único que ten fútbol pendente, (ademáis da derradeira xornada desta liga), o Dumbría que xogará o vindeiro 19 de maio a ida da semifinal da Copa da Costa ante o Ponteceso. 

-Foto : Luis González

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies