O ATLÉTICO SAN SEBASTIÁN LÉVASE A XORNADA INAUGURAL DA COPA DE ESPAÑA DE XOVES PROMESAS DO PIRAGÜISMO CELEBRADA EN DUMBRÍA E NA QUE O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA ACADA UN 8º POSTO.

Lera Lema, (CDM Piragüismo Dumbría).

O Club Atlético San Sebastián lévase o trunfo na proba inaugural da Copa de
España de Jóvenes Promesas de Slalom disputada en Dumbría.

Acompañárono no podium o Club Náutico Mig Segre de Pons e a Sociedad
Deportiva Santiagotarrak de Irún. O Club Tea de Mondariz Balneario, cuarto, foi omellor clube galego. O CDM Piragüismo Dumbría acada un brillante oitavo posto.

 

Marcos Martínez, (CDM Piragüismo Dumbría).

 

O Campo de Slalom de O Couquiño acollía este fin de semán a proba inaugural da Copa
de España de Jóvenes Promesas de Slalom, reservada a deportistas de categoría cadete
e infantil. 150 participantes pertencentes a 15 Clubes de toda España acudiron á cita cun
Río Xallas que, ca colaboración da empresa Xeal, lucía un caudal ideal para a disputa da
competición, e cun excelente ambente grazas ó numerosísimo público da zona, pero
tamén chegado de todo o país para acompañar os seus xoves deportistas, o que fixo que
este fin de semán fose bastánte complicado conseguir un lugar para dormir ou comer en
Dumbría ou nos concellos limítroes.

 

Minchi Cundíns, (CDM Piragüismo Dumbría).

 

Toda a xornada do sábado se dedicou a disputa das rondas preliminares de tódalas
categorias, deixandose a xornada do domingo para a disputa das finais de tódalas
categorías. Dos seis deportistas participantes do CDM Piragüismo Dumbría, catro foron
quen de entrar nas finais, quedándose fora unicamente Xian Caamaño e Marcos
Martínez, ambos na modalidade de Kayak dentro da categoría cadete a pesar de ter feito
unhas moi boas mangas o sábado.

 

Mariña Suárez, (CDM Piragüismo Dumbría).

 

Nas finais do domingo na categoría cadete femenina Mariña Suárez foi quen de rozar o
podium cun brillantísimo cuarto posto na final entre as mellores canoistas cadetes, Sara
Fernández Romar foi novena entre as kayakistas, e Iera Lema Gerte foi séptima na
categoría infantil. Entre os rapaces Minchi Cundíns non foi quen de mostrar o seu
potencial quedando no décimo posto no K1 cadete masculino.

 

Xián Caamaño, (CDM Piragüismo Dumbría).

 

A vindeira cita dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría será nun mes, cando acudan
á víla vasca de Irún para disputar en augas do Bidasoa a segunda proba da Copa de
España de Jovenes Promesas do Slalom.

 

 

 

-Fotos e Texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría