Dasilva cando levaba o Coristanco.
O Atlético Milagrosa en colaboración con Carballo Deporte, do Concello de Carballo, orgañiza un partido homenaxe ao adestrador José María Sánchez Dasilva “Dasi”. Un encontro que se xogará o vindeiro sábado 9 de Setembro no campo “O Carral” de Sofán a partires das 18:30 horas.
Dasilva que foi colaborador da nosa web nos anos que dirixeu equipos da 3ª da Costa e da Liga da Costa, así coma equipos de base, ademáis de no Milagrosa fixo historia co Independiente de Carballo, co que tras xogar no fútbol de peñas e pasarse o federado, ascendeu ata a Liga da Costa. Tamén dirixeu o Coristanco ao que levou a Liga da Costa tras dous anos na 3ª costeira e chegou as portas de promocionar a 1ª Galicia, e ultimamente levaba o Ponteceso Xuvenil.
-Foto : La Voz
-Texto : Xosé Búa