O ATLETA MUXIÁN JOSÉ MANUEL PÉREZ, CAMPIÓN DO CAMPIONATO MASTER DE CATALUÑA DE ATLETISMO POR CLUBES.

Jose “O Ancho” cun compañeiro e a copa de campións.

 

O muxián José Manuel Pérez campión co seu equipo o Pratenc Associación Atletisme do Campeonato Master de Cataluña, por clubes que se disputou en Mataró.

Neste campionato cada atleta fai unha proba diferente, e vai por puntos e por edade e por coeficiente. Ainda que un atleta quede primeiro nunha proba e outro que ten 50 ou 60 anos chege moito máis atrás a meta, puntua máis co de menor edade. Ten este formato a particularidade de que en alguha proba podes repetir.

O atleta muxián que suma un título máis a sua dilatada carreira, tanto a nivel catalán coma español, adestrando despois do seu traballo na construcción, correu os 3000 metros lisos, e os 4×400 de relevos.

E en total de todos os equipos e todas as probas, o Pratenc quedou primeiro e esta vindeira fin de semana desprazaranse a La Nucia, (Alicante), para disputar o Campionato de España.

O principal para Jose “O Ancho” tras retomar a competición despois do : “Complicado que foi todo co tema da pandemia, para adestrar, sin competicions etc… a ver que tal sae, sobre todo disfrutar deste deporte”.

Debido a pandemia este inverno só disputaron, “sen adestrar moito”, o Campionato de Cataluña por clubes de pista cuberta, e quedaron terceiros. A pista e con peralte e as voltas son 200 metros a diferenza da primavera- veran que son pistas a o ar libre e sin peralte, e posta normal, e cada volta e de 400 metros.

-Foto : José Manuel Pérez

-Texto : piratasdemuxia