O ARENTEIRO FREA O BERGANTIÑOS, (1-0), NO DUELO DE RACHAS.

Marquitos, (6) fixo o gol dos carballineses.

 

Arenteiro CF 1-0 Bergantiños FC

O Arenteriro que ven dunha boa racha de resultados positivos freaba o equipo carballés, que a pesares da derrota segue en postos de Play-Off. Os do Carballiño foron mellores na primeira metade e adiantábanse ao cuarto de hora por medio de Marquitos.

Puido antes do descanso igualar a contenda Antón Escobar, tras un lanzamento de falta que Agulló mandaba contra a barreira, pero non se movería o resultado.

Xa na segunda metade o equipo carballés foise sacando de enriba o dominio local e foi o que máis buscou a porta, pero topouse cun muro.

Contra o final volveu a ser o equipo carballinés o que gozou de ocasións para finiquitar o marcador, pero este xa non se movería.

O equipo de José Luis Lemos continúa na 4ª praza con 41 puntos, 3 máis ca Coruxo e Compostela, xa que os vigueses non pasaban do empate ante o Pontevedra, (2-2), e os santiagueses caían ante o Gimnástica, (2-1).

CD Arenteiro : Diego García, Eimil, Germán, Pol Bueso, Joseca (Portela, min 82), Álex Fernández, Adrián Cruz, Renan, Marquitos (Cassio, min 70), Raúl Blanco (Naveira, min 75) e Sobrido (Sylla, min 82).

Goles : 1-0, min 16: Marquitos.

-Foto : Captura TVG2

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies