O ARASOLIS FC TEN ASEMBLEA O 2 DE XULLO PARA BUSCAR RELEVO NA DIRETIVA.

 

Isma e Luis “almas matter” do Arasolis.

 

Fai un par de anos o Arasolis FC nacía da man de Ismael Romero Silva, (Presidente fundador), e Luis Velay Mejide, (Vicepresidente fundador), (que tamén xogaban) e en tan pouco periplo, conseguían asentar o clube fisterrán e levalo a pasada campaña a División de Honra de Veteranos da Costa, como campións da 1ª Galicia.

O clube naceu ca idea de coller a amigos, que estaban ou ven noutros deportes, ou que tiñan gañas de xogar o fútbol, pero xa non estaban para xogar noutras ligas. Foi todo un éxito, a grande cantidade de persoas que se uniron ao proxecto. O mesmo Isma e Luis, xogaban, ainda que por parte de Isma, tivo a mala sorte de romperse o cruzado.

Toca relevo, e así nolo conta Isma Romero, que nos informa de Asemblea de Socios, para o vindeiro 2 de Xullo, (sábado), no socio colaborador do clube, “Restaurante O Pirata”, ás 10:00 horas.

O motivo de que deixen o clube, en xeral, é por motivos persoais, e de descanso, tras estes dous frenéticos anos.

-Fotos : Isma Romero

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies