O ARASOLIS FC DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS SEGUE A REFORZARSE DESTA VEZ CUN MITO DA COSTA : “PESCA”.

 

Segundo nos informa Ismael Romero, diretivo do Arasolis FC, equipo sensación nos derradeiros tempos do fútbol de veteranos da costa, e que a tempada pasada ascendía a División de Honra. O clube fisterrán ven de fichar a un dos mitos do fútbol costeiro, un errante do fútbol, Juan José Martínez Martínez “Pesca”.

“Pesca” que o vindeiro día 22 cumprirá 41 anos, poderá así lucir as suas dotes futbolísticas ante os seus e no campo do seu pobo, así coma nos da costa.

Dende que recalou no 2001 no Atlético de Madrid B, o centrocampista de Fisterra pasou polo : Cerceda, (2 tempadas), Raith Rovers, (Escocia), Montañeros, (4 tempadas),  Dumbría, Trofense, (Portugal), Oliveirense, (Portugal), Botev Plovdiv, (Bulgaria), Catanzaro, (Italia), Jumilla, (2 tempadas) e Yeclano, (2 tempadas).

O equipo do Arasolis, seguirá un ano máis con Juan Eduardo Estévez “Ckobens”, como adestrador. No capitulo de xogadores, teñen pechadas as renovacións de Huete e Juan de Elvira.

-Foto : Arasolis FC

-Texto : piratasdemuxia