Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.
PREFERENTE GALICIA FÚTBOL SALA MASCULINO
Grupo Norte
FSF Villa de Cee/Hotel La Marina e Academia Red Blue 5 Coruña, que están a facer un excelente campionato, son os dous equipos que teñen a masa social maior de seguimento nesta liga na nosa web que segundo a nosa base de datos, cada semana é seguida de maneira direta, abrindo a nova o completo cas crónicas por enriba dos 8.000 usuarios. Os nosos habituais cronistas son Mario de José, (FSF Villa de Cee/Hotel La Marina) e Departamento de prensa e Sergi Blanco, (Academia Red Blue 5 Coruña).
Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.
FS Villa de Cee
-Resultados derradeira xornada, (21ª)-
Club del Mar San Amaro 5-4 Restaurante Galicia Agolada FS
Castroverde 2-1 Troula Betanzos FS
Os Meigallo FS 4-2 Coviran Quiroga FS
Insuas do Miño Rábade FS 3-3 Alto do Vento FS
FSF Villa de Cee/Hotel La Marina 3-2 Club Polideportivo Casás
Jogaban Órdes FS 4-3 Restaurante O Korreo Guitiríz FS
Academia Red Blue 5 Coruña 5-8 Concello de Begonte FS
FS Pontedeume 2-2 Noia FS Portus Apóstoli “B”
CLASIFICACIÓN
Academia Red Blue 5 Coruña
22ª xornada
Troula Betanzos FS-Restaurante Galicia Agolada FS-
Coviran Quiroga FS-Castroverde
Alto do Vento FS-Os Meigallo FS
Club Polideportivo Casás-Insuas do Miño Rábade FS
Restaurante O Korreo Guitiríz FS-FSF Villa de Cee/Hotel La Marina
Concello de Begonte FS-Jogaban Órdes FS
Noia FS Portus Apóstoli “B”-Academia Red Blue 5 Coruña
FS Pontedeume-Club del Mar San Amaro
O QUE TEÑEN POR DIANTE
Os dous equipos máis seguidos na nosa web nesta liga, o FS Villa de Cee/Hotel La Marina e o Academia Red Blue 5 Coruña, teñen por diante unha dura loita por todo, xa que os ceenses ocupan a segunda praza do campionato e os coruñeses a 3ª, separados ambos por 2 puntos, cos de Cee a 9 puntos do lider Concello de Begonte FS, ao que reciben no pavillón ceense en duas xornadas, e os coruñeses con 9 puntos por enriba do 4º, FS Pontedeume, ao que reciben dentro de duas xornadas para afianzar a posición que teñen de promoción, e ata poder asaltar a segunda praza, segundo como queden os ceenses co lider. Son 27 puntos en xogo os que restan, (se se xoga como ten previsto a RFGF),para seguir soñando por parte de ambos conxuntos.
“O noso mellor desexo para ambos onxuntos de cara o que queda de liga”.
Calendario : PREME AQUÍ
A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS
OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO
FÚTBOL MASCULINO SENIOR
-Preferente Norte : PREME AQUÍ
-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ
-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ
-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ
FÚTBOL BASE
-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ
FÚTBOL FEMININO
-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ
FÚTBOL SALA MASCULINO
-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ
-FÚTBOL SALA FEMININO
-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ
-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ
Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.
-Foto-montaxe e Texto : piratasdemuxia.es
-Foto equipos : FS Villa de Cee/Academia Red Blue 5 Coruña
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.