O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DOS XUVENÍS DA COSTA, (1ª AUTONÓMICA XUVENIL G2) :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

XUVENÍS DA COSTA, (1ª AUTONÓMICA XUVENIL G2)

Esta é a principal liga que surte xogadores o fútbol da costa, e en ocasións a equipos de ligas superiores, e ata chegar a xogar na base do RC Deportivo. A liga de Xuvenís da Costa é o cumio ao traballo de moitos equipos na formación de xogadores dende a base máis seminal e que en moitos casos xa combinan actuacións co primeiro equipo e o xuvenil. Este ano a loita é antre 3-4, equipos para acadar os dous postos que darán opción ao tútlo de liga e a promoción de ascenso a Liga Galega, na que temos da zona tan somentes o CF Dumbría. Ben e certo que nos derradeiros anos, (hai que dexilo), non tivemos máis equipos polo trato diferencial con equipos de localidades urbanitas ou de maior poder, digamos, adquisitivo, e equipos costeiros de gran nivel foron eliminados con arbitraxes partidistas e sibilinas, algo que non nolo contan, senón que o vimos en primeira persoa. Este ano a liga a 7 xornadas do final está moi partida e son Outes CF, Cabana SD e SD Soneira os que parece que van a loitar polas duas prazas, que, (en principio se todo segue como se acordou), dan opción a loitar polo ascenso. Pode colarse o SD Sofán nesta loita.

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (23ª)- 

 ED Os Miúdos 0-3 UC Cee

 SD Ponteceso 6-0 FC Camariñas

SD Coristanco 0-2  SD Sofán

Outes CF 2-1 Corme CF 

Sporting Zas 2-5 Cabana SD 

Sporting Seaia CF 2-2 SCDR Esteirana

Descansan : Xallas FC  e SD Soneira 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

24ª xornada

FC Camariñas – ED Os Miúdos

SD Sofán – SD Ponteceso

Corme CF SD Soneira 

Cabana SD – Outes CF 

SCDR Esteirana – Sporting Zas

Sporting Seaia CF – Xallas FC 

Descansan : UC Cee e SD Coristanco  

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Bonita a loita que hai na cabeza da táboa loitando polo título co Outes CF de lider con 49 puntos , nestes intres tralo parón polo COVID-19 , e o Cabana SD de segundo a 1 punto e o SD Soneira a 2. Outeses e vimianceses cun encontro menos cos cabaneses, pero cun Cabana SD-Outes CF, tan pronto se reanude a competición que pode apretar máis ainda a loita. Na cuarta praza está o SD Sofán a 7 puntos do lider e que cos 21 puntos que ainda están en disputa ainda se pode enganchar a loita por todo, xa moi descolgado está o Corme CF a13 puntos do Outes CF, un equipo o cormelán que a pesares do troco xeracional habido tras varios anos de éxitos, aos que lles faltou a guinda dun ascenso a Galega, deu un excelente nivel nesta tempada. Por abaixo as únicas malas novas son o baixo nivel de equipos coma o SD Coristanco e FC Camariñas que tan só sumaron 6 puntos dos 63 e 66 que tiveron en disputa respectivamente, pero o máis importante é a formación de xogadores para os seus primeiros equipos ou para o fútbol costeiro.

Quedan por disputarse 7 xornadas nas que a loita estará en ver quen se leva o título de liga e quen entrará co campión na promoción de ascenso. Duas prazas para 3 ou 4 equipos, dependendo do que faga o SD Sofán que será o que menos oderá fallar para coller aos de arriba.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.