O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DOS INFANTÍS DA COSTA, (Primeira Autonómica Infantil G2) :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

INFANTÍS DA COSTA, (Primeira Autonómica Infantil G2)

Impresionante  a capacidade goleadora desta tempada na Liga Infantil da Costa, sen dúbida a mellor das intermedias polos 3 anos de crecemento dos rapaces antes de chegar a cadetes. Un total de 1.297 goles en 23 xornadas son os que se levan acadados a 56,39 por xornada, e 7,04 por encontro. Uns números extraordinarios a nivel ofensivo, non así no eido defensivo, ainda que temos que destacar que no que se leva xogado ata o parón, o CF Dumbría, lider indiscutible da competición, tan só leva 9 goles en contra, 0,39 por encontro e o UC Cee, terceiro clasificado, 1´08. O Outes CF que é o máximo rival dos dumbrieses polo título, segundos na loita, levan encaixados 28 goles, 1,21 por encontro, os mesmos números co ED Os Miúdos, ainda que estes teñen un encontro menos, o que teñen pendente co colista SD Laxe, que está pagando os números dos principiantes sendo o equipo menos goleador, (10) e o máis goleado, (223), cousa que de seguro trocará a vindeira tempada coa experienza acadada nesta polos rapaces, como acostuma a ocurrir.

Segundo a nosa base de datos, o fútbol base é seguido cada semana antre 20.000 e 30.000 usuarios.

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (23ª)- 

Xallas FC 7-0 SD Coristanco

 UD Cerqueda 7-2 Corme CF

Muxía CF 4-0 SD Sofán

SD Fisterra 7-0 CF Porteño

CF Dumbría 6-0 Cabana SD

UC Cee 3-0 ED Os Miúdos

SD Laxe 0-13 Outes CF

SCDR Esteirana 2-5 SD Ponteceso

 

CLASIFICACIÓN

 

 

24ª xornada

Corme CF SD Coristanco

SD Sofán – UD Cerqueda

 CF Porteño – Muxía CF

 Cabana SD – SD Fisterra

 ED Os MiúdosCF Dumbría

Outes CF – UC Cee

SD Ponteceso – SD Laxe 

SCDR Esteirana – Xallas FC

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Quedan por disputarse tan só 7 xornadas, 21 puntos na loita polo título e a promoción de ascenso, na que agora mesmo e sobre o papel hai 2 equipos : CF Dumbría, (69 puntos) e Outes CF, (63). Podería meterse na loita o UC Cee, (57) ou o ED Os Miúdos, (55 e un encontro menos), todo depende da fortaleza que siga amosando o CF Dumbría tralo parón, xa que como voltarán os equipos é unha incógnita. Trala liga os equipos que non entren na competición en principio comezarán a Copa, e os que promocionen uniranse trala mesma.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ

-3ª da Costa, (3ª Galicia G4) : PREME AQUÍ

-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G1 Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) : PREME AQUÍ

-Cadetes da Costa, (Primeira Autonómica Cadete G2) : PREME AQUÍ

-Infantil da Costa, (1ª Autonómica Infantil G2) : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA MASCULINO

-Preferente Galicia FS-Grupo Norte : PREME AQUÍ

-Liga de Fútbol Sala de Corme : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies