O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DOS CADETES DA COSTA, (Primeira Autonómica Cadete G2) :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

CADETES DA COSTA, (Primeira Autonómica Cadete G2)

Unha liga na que o descansar dous equipos en cada xornada hai equipos que teñen xogados 18 encontros, e outros que xa teñen 21, o que fai que a loita polo título e a promoción de ascenso esté moi viva. A falla de 21 puntos por disputar o Xallas FC, lider nestes intres, suma 49 puntos, 1 máis co segundo UD Cerqueda, pero con 2 encontros menos para os xalleiros e 3 puntos por enriba do Cabana SD, que ten 1 encontro máis xogado co lider, o que fai que os xalleiros sexán un lider máis destacado do que din os puntos. O SD Sofán que ocupa a cuarta praza conta con 40 puntos, pero con 2 encontros menos cos cabaneses e 3 menos cos cerquedenses, polo que se fai os deberes sería un serio competidor por todo. Unha mágoa que paseesto nunha liga na que todos xogarían tódolas semanas de nada que se houbese sorteado de novo o calendario cando a inicio de tempada se retiraron o EMF Vimianzo e o SD Laxe.

Segundo a nosa base de datos, o fútbol base é seguido cada semana antre 20.000 e 30.000 usuarios.

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (223ª)- 

SD Coristanco 6-4 Muxía CF

CD Concello de Zas 4-6 SCDR Esteirana

UD Cerqueda 4-2 UC Cee

Cabana SD 2-1 Corme CF

 SD Fisterra 3-1 SD Ponteceso 

Outes CF 3-5 Xallas FC 

Descansaron : SD Sofán e ED Os Miúdos.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

24ª xornada

SCDR Esteirana  Muxía CF

UC Cee – CD Concello de Zas

Corme CF – SD Sofán

SD Ponteceso – Cabana SD 

Xallas FC – ED Os Miúdos

Outes CF – SD Coristanco

 Descansaron :  SD Fisterra UD Cerqueda 

 

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Quedan por disputarse tan só 7 xornadas, 21 puntos na loita polo título e a promoción de ascenso, na que agora mesmo e sobre o papel hai 4 equipos : Xallas FC, (49 puntos de 19 encontros xogados), UD Cerqueda, (48 de 21), Cabana SD, (46 de 20) e SD Sofán, (40 de 18). Xa moi lonxe : ED Os Miúdos, (34 de 19) e UC Cee, (34 puntos de 19 encontros). Trala liga os equipos comezarán a Copa e os que promocionen uniranse trala mesma.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ

-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G1 Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) : PREME AQUÍ

-Cadetes da Costa, (Primeira Autonómica Cadete G2) : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.