O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3 :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3

Extraordinario o papel dos dous equipos costeiros, ED As Miúdas e UC Cee. As ceenses no seu primeiro ano na competición oficial, están na 3ª praza e con opcións de loitar polo ascenso e de, polo menos, poñerlle as cousas difíficles o lider indiscutible, Xuventú Agiño SD. As ceenses tan só perderon ata o parón nas 19 xornadas disputadas, 2 encontros, e son tralo lider o segundo equipo menos goleado, (24 goles en contra), e o terceiro máis realizador con 70 goles a favor. Pola sua banda o equipo muradán, loitará por meterse na promoción, que parece que sobre o papel serácousa de 5 equipos para 4 postos, e que en poucas xornadas pode ser de 4 para 3, xa que tanto o Arzúa CFC, coma o UC Cee, teñen na sua man certificar pronto a promoción. O ED As Miúdas ocupan a cuarta praza con 34 puntos con tan só 4 derrotas en 19 xornadas 4 empates condenan as rapazas de Muros a non estar na loita por todo coma as ceenses, que non empataron ningún encontro.

Segundo a nosa base de datos, o fútbol feminino, do que seguimos de maneira direta ao UC Cee, ED As Miúdas, Bergantiños CF e UD Paiosaco é seguido,abrindo as novas o completo para ver as crónicas cada semana por enriba dos 6.000 usuarios,con maior seguimento nestes dous equipos ca nos norteños, superando moitas xornadas os 10.000.

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

ED As Miúdas

 

-Resultados derradeira xornada, (19ª)- 

Noia CF 2-4 Arzúa FCF

 Carreira CF 1-0 Atlético Arousana “B”

CD Bamio 2-2 Victoria FC “C”

UC Cee 6-1 AD Nicraniense

Bandeira SD 0-0 ED Os Miúdos

CD Unión 2-4 Touro SD

UD Santiso FC 0-3 Xuventú Aguiño SD

 

CLASIFICACIÓN

 

 

20ª xornada

Atlético Arousana “B” Arzúa FCF

Victoria FC “C” – Carreira CF

AD Nicraniense  CD Bamio

ED Os Miúdos  UC Cee

Touro SD  Bandeira SD

Xuventú Aguiño SD  CD Unión

UD Santiso FC Noia CF

 

UC Cee Feminino

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Quedan por disputarse tan só 7 xornadas, 21 puntos na loita polo título e a promoción de ascenso, na que agora mesmo e sobre o papel o Xuventú de Aguiño é o máximo favorito, lider con 54 puntos, con tan só un encontro perdido e sendo o equipo máis goleador, (97) e o menos goleado, (17). A 5 puntos e con opción de meterse na loita pola primeira praza o Arzúa FCF, que tenatrá afianzar a segunda praza. Xa un pouco máis descolgado o UC Cee, (45 puntos), que está na 3ª praza e tentará quedar primeiro o máis alto posible e despois entrar ouna segunda praza con opscións de ascenso ou na promoción, na que está xunto co ED Os Miúdos, (34), que ocupa a cuarta praza, xusto por debaixo das ceenses, e tamén na loita pola promoción, na que tamén están o CD Unión, (34puntos), e UD Santiso, (32), que marca a derradeira praza da promoción. Tentarán entrar Touro SD, (31), e xa moi lonxe pero con probabilidades matemáticas, Nois CF, (22) e Vicotira CF “C”, así coma o Atlético Arousana “B”, (18), estes últimos terían que facelo todo ben e o resto todo mal.

 

Calendario :PREME AQUÍ

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ

-3ª da Costa, (3ª Galicia G4) : PREME AQUÍ

-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G1 Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) : PREME AQUÍ

-Cadetes da Costa, (Primeira Autonómica Cadete G2) : PREME AQUÍ

-Infantil da Costa, (1ª Autonómica Infantil G2) : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

-2ª División Galega Feminina G3 : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA MASCULINO

-Preferente Galicia FS-Grupo Norte : PREME AQUÍ

-Liga de Fútbol Sala de Corme : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

 

-Foto ED As Miúdas : Fran Figueroa

-Foto UC Cee : Muchi

-Foto-montaxes e Texto : piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies