O AMIGABLE DE HOXE DEPOR-ARZÚA EN DIRETO POLA CANLE DE YOUTUBE DO RC DEPORTIVO.

 

Era unha petición que facían moitos afeccionados nas redes sociais e así o cumple o RC Deportivo. Tras non poder verse por ningures o Racing Vilalbés-Depor, foron moitos os que pedían que coma o ano pasado se retrasmitisen os encontros de pretempada para ver as evolucións do equipo, ata unha plataforma está a recoller firmas para que se cree “DeprTV” para retrasmitir os encontros do noso clube. Na tarde de hoxe poderemos seguir pola canle de YouTube do clube o amigable en Riazor ante o CSD Arzúa dende ás 18:00 horas, patrocinado por Integral Motion.

Como xa vos informamos o RC Deportivo superou o record de socios na historia da 2ª B e segue a crecer. Asimesmo suma máis socios con 16.575 ata onte, ca 20 dos 22 equipos da 2ª División e ca moitos da Primeira..

-Canle de YouTube : RC Deportivo para ver o encontro

 

CONVOCATORIA

 

O Deportivo Feminino comeza a liga este sábado en Bilbao

O Deportivo ABANCA desprázase este venres por estrada a Bilbao despois de adestrar en Abegondo para arrancar a Primera Iberdrola o sábado 3 de outubro, (16:00 horas), en Lezama ante o Athletic Club.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies