O AMEIXENDA SUMA A SEGUNDA VITORIA DA TEMPADA ANTE O CASTRELO, (0-1).

3ª da Costa

-8ª Xornada-

 

 

CF Castrelo 0-1 SD Ameixenda

O SD Ameixenda, un equipo moi xove que vai crecendo a base de encontros, gañou nunha das prazas máis complicadas da competición o derrotar no Municipal de Vimanzo ao CF Castrelo, que acusou as numerosas baixas que ten por lesión. Os vimianceses chegaron a cita con tan só 13 xogadores. O gol da vitoria chegou no derradeiro suspiro do encontro, obra de José A. Carballo, no 88´, e cando xogaban dende 5 minutos antes cun menos por expulsión con vermello direto de David Carballo, que levaba 7 minutos no terreo de xogo, tras suplir ao seu compañeiro David Marcote. Esta supón a segnda vitoria para os da parroquia ceense de Ameixenda, que levaban 5 derrotas consecutivas, dende que na primeira xornada derrotaran ao Sporting Seaia, (2-0). Pola sua banda o CF Castrelo, que sufreu unha vaga de lesións, tras unha xeira positiva na que derrotaban ao CD Nantón, (2-1) e empataban co UD Corcubión, (1-1), suman duas derrotas consecutivas e caen a praza de “pechacancelas”.

 

FICHA TÉCNICA

 

ENCONTROS 8ª XORNADA

09/11/2019

Castrelo 0-1 Ameixenda

10/11/2019

Seaia-Camelle : ás 12:00 horas

Camariñas-Corcubión : ás 16:45 horas

Outes-Nantón : ás 17:00 horas

Laxe-Porteño : ás 16:30 horas

Descansa : Monte Louro

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies