O ADESTRADOR SERGIO VARELA DEIXA O CF PORTEÑO DA 3ª DA COSTA.

Sergio Varela deixa o CF Porteño.

 

O adestrador do CF Porteño da 3ª da Costa, Sergio Varela, gran colaborador de piratasdemuxia.es e sobre tomo home de fútbol e do equipo da Ponte do Porto dende rapáz, con 1 liga co equipo invicto, e 4 ascensos e duas finais máis polo ascenso, no seu haber, deixa o clube e di que nestes intres : “Toca apartarse un pouco do fútbol”.

Sergio despídese cunha pequena carta do clube porteño e co mellor desexo para a entidade : “Chegou o momento de dar un paso ó lado, e deixar o club que me veu medrar como xogador e como entrenador. Quero agradecer á directiva a confianza depositada en mín durante estes anos; ós meus xogadores pola súa implicación durante os bos e os malos momentos; mención especial para Rubén, Cousillas e Baña, pola axuda e apoio mostrado durante estas tempadas. Quédome co cariño da xente que nos apoiou de principio a fin e remato cun por sempre, VAMOS MI PORTEÑO, VAMOS CAMPEÓN”. 

Pola sua banda o presidente do clube, Manuel Castiñeiras, contestaba a carta do xa ex adestrador Sergio Varela desta maneira : “Sólo existen palabras de agradecimiento polo teu traballo durante estes anos, espero que sea mais un hasta pronto que un adiós porque sabes que o porteño siempre será a tua casa. Esto non empezou ahora vare, esto leva desde o 96 cando empezamos como juveniles. Pasaron 23 anos e as personas que lle queren o porteño como o fas ti siempre están ahí dandoo todo polo club. Desearche o mellor como presidente do club pero sobre todo desearcho como amigo. Gracias gracias e gracias”.

Dende piratasdemuxia.es o noso maior desexo de que todo lle vaia do milloriño a Sergio e o noso agradecemento polas suas colaboracións, que de seguro non serán as últimas.

 

-Texto : Sergio Varela/Manuel Castiñeiras

-Fotos : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies